25 de set. de 2010

REPENSAR A TEOLOGIA, RECUPERAR O CRISTIANISMO

XXV Foro de Encrucillada
Homenagem ao amigo Torres Queiruga
(língua galega)

O Foro Encrucillada 2010 acollerá unhas Xornadas de Teoloxía na honra do profesor Andrés Torres Queiruga, presidente da Asociación Encrucillada, no seu setenta aniversario.
A obra de Andrés Torres Queiruga é suficientemente ampla e significativa como para merecer unha análise detida, feita con seriedade e rigor.
O lema das Xornadas é Repensar a teoloxía. Recuperar o cristianismo. «Repensar» e «recuperar» son dúas palabras especialmente queridas polo profesor Andrés Torres Queiruga e ocupan un destacado lugar nos títulos das súas obras máis coñecidas.
A «teoloxía» e o «cristianismo» son as dúas grandes preocupacións do autor na súa estreitísima relación e, ao mesmo tempo, na súa fundamental diferenza.
O obxectivo é que os convidados e convidadas, conxuntamente co autor, con liberdade e consideración, dialoguen, asentindo e disentindo, mirando ao mesmo tempo cara a mesma cuestión tratando de avanzar no seu afondamento.

Sedes
Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC.
Sala Mozart. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Espanha.

Datas
28, 29 e 30 de outubro de 2010

Instrucións de matrícula
Para se matricular nas Xornadas vostede deberá enviar un xustificante de ter ingresado a cota de matrícula (40 euros / 10 euros para estudantes) na seguinte conta bancaria:
Caixa Calicia 2091‐0342‐28‐3040000681
Envíe unha dixitalización do xustificante de ingreso ao seguinte enderezo electrónico arantxa.serantes@usc.es ou unha fotocopia ao enderezo postal:
XXV Foro Encrucillada
Travesa de Vista Alegre, 21 ‐ 1ºC
15705 Santiago de Compostela

Programa
28 xoves. Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC
8.45 Presentación
9.00 De mestre a mestre. No Ano Xubilar dun emérito ruibaliano
D. Xosé Luis Barreiro Barreiro. Catedrático de Filosofía na U. Santiago de Compostela
10.30 Nova posición do problema da Filosofía da saudade
D. Joao Vila-Cha. Profesor na Fac. de Filosofía da P. U. Gregoriana (Roma)
12.00 El problema del mal y la teodicea
D. Miguel García-Baró. Profesor da U. Pontificia Comillas (Madrid)
16.30 Filosofía e teoloxía da revelación
D. João Duque. Profesor na Universidade Católica Portuguesa (Braga)
18.00 O compromiso de A. Torres Queiruga con Galicia
Dna. Engracia Vidal Estévez. Secretaria da Asociación Encrucillada
D. Xesús Ferro Ruibal. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

29 venres. Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC
9.00 Poder, autoridad y democracia en la Iglesia
D. Santiago Madrigal Terrazas. Profesor na U. Pontificia Comillas (Madrid)
10.30 O problema do inferno
D. Alfonso Novo Cid-Fuentes. Profesor no Instituto Teolóxico Compostelano
12.00 O carácter persoal de Deus
D. Victorino Pérez Prieto. Profesor nas Universidades de A Coruña e Santiago
16.30 O diálogo interrelixioso
D. Afonso Maria Ligorio Soares. Profesorna Pontifica Universidade Católica de São Paulo (Brasil)
18.00 Sobre a resurrección
D. Giovanni Ferretti. Profesor na Universidade de Estudios de Macerata (Italia)
19.30 Creación e salvación
D. Pedro F. Castelao. Profesor na U. Pontificia Comillas (Madrid)
22.00 Visita nocturna á cidade

30 sábado. Sala Mozart. Auditorio de Galicia
9.30 Aperturas feministas da obra de Andrés Torres Queiruga
Dna. Gloria Viero. Conferencia das Relixiosas e Relixiosos do Brasil
11.00 La cuestión de la oración
D. Juan Martín Velasco. Profesor na Universidade Pontificia de Salamanca
12.30 A teoloxía de Andrés Torres Queiruga e a espiritualidade
Dna. María Pilar Wirtz Molezún. Especialista en acompañamento persoal e de grupos
16.30 Pecado e perdón en A. Torres Queiruga. Un cambio urxente e necesario na Penitencia.
D. Ferdinando Sudati. Presbítero da Diocese de Lodi (Italia)
18.00 Palabras conclusivas
D. Andrés Torres Queiruga
19.30 Acto final

Contacto
Secretaria da USC: arantxa.serantes@usc.es

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Obrigado pela sua participação!